O colectivo Herbas de Prata (nome que remite a un dos seis poemas galegos escritos polo poeta Federico García Lorca) xurdiu da vontade dun grupo de galegas emigradas e descendentes de xuntarse para traballar por e para as mulleres non só dese colectivo. Fundado no ano 2006, achega a mulleres de todas as idades, todos os intereses e todas as profesións.
A nosa idea é a de tecer unha rede de mulleres emigradas e os seus descendentes que permita a colaboración con elas nas problemáticas propias. Para iso, algúns dos nosos propósitos son promover a capacitación das mulleres, a atencións dos seus problemas (lembremos que moitas nen sequera coñecen os seus dereitos), a posible vinculación coas institucións públicas e privadas pertinentes segundo os casos e todo canto veamos que se pode medrar nesas direccións.
Por iso, a procura de Herbas de Prata é que as galegas na emigración sexamos quen de axudarnos unhas ás outras, a pesar da lonxanía xeográfica e as diferencias culturáis dos nosos sitios de residencia, para -entre todas nós- mellorar os nosos proxectos productivos e individuais e ter maiores posibilidades de cumprir un soño común: mellorar a calidade das nosas vidas, da vida dos nosos e a das nosas comunidades. Reivindicamos a nosa pertenza, a nosa orixe e a nosa cultura. Galicia vive en nós. E nós tamén somos Galicia.
30.11.07
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario