
Herbas de Prata entregou un recoñecemento á dona do recoñecido actor Tacholas, Clotilde Isabel Ippolito Zecca “Sabela”, que sempre foi apoio e compañeira inseparable do artista dende as sombras. A filla deles, Clotilde Iglesias, recebeu a lámina na que se nomea á sua nai membro fundador do colectivo xa que foi a sua historia a que deu idea de formar unha asociación de mulleres anónimas.

Cando chegou o seu momento, a experta en temas internacionais e portavoz do BNG no Parlamento Europeu, Ana Miranda, foi rotunda: “Non está escrita a memoria das mulleres anónimas, as novas e as máis mallores e ainda as que están por nacer, porque ainda hai emigración evidentemente. Tampouco a das que ficaron alá, en momentos nos que a tecnoloxía non favorecía as relacións coma hoxe que estamos todos os días no messenger falándonos ao outro lado do Atlántico”.
Pechou as intervencións o historiador e prohome da colectividade galega en Bos Aires Antón Pérez Prado que fixo unha agarimosa e divertida lembranza da sua nai chamada Fé e “ácrata”, según a perfilou o fillo.

De contado, Herba de Prata distinguiu a dúas mulleres para salientar o seu traballo público ou doméstico. As mulleres escollidas para este recoñecemento xurdiron dunha votación aberta. Este ano, o primeiro, levaron a distinción Rosalía a nai de Praza de Maio Dionisia López Amado, e a Virxinia Pereira foi para María Rosa Iglesias, unha compostalá emigrada con cinco anos.


Finalmente, o acto pechou coa lectura de poemas e algo de música. A actriz galego-arxentina María Inés Cuadrado puxo voz e emoción a uns versos que o poeta Rodolfo Alonso mandou especialmente para este acto e tamén a verbas de Rosalía de Castro. E a cantante Graciela Pereira interpretou música galega coa compaña dos asistentes.


Os mais de 150 homes e mulleres non sairon dalí sen tomar uns viños e bailar -os máis audaces- coa música da gaita de Gastón Quiroga e a pandereta de Javier Souto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario