No mes de maio e para a mesma mostra, chegou un dos autores galegos con maior presenza internacional: Manuel Rivas. O xornalista escritor coruñés, tecedor de historias que se imprimiron na alma dos galegos e entre as que non fallan o conto A lingua das bolboretas ou a novela O lapiz do carpinteiro, presentou en Bos Aires a versión castelá da súa última novela, Os libros arden mal. Convidado pola Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina, ofreceu unha charla.
E no mes de maio, tamén, chegou á Arxentina Suso de Toro. Viña convidado pola Secretaría Xeral de Inmigración e protagonizou conferencias e charlas no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Belgrano (UB) e tamén na Federación de Sociedades Galegas, ademáis doutros centros e institucións da colectividade galega en Bos Aires.
De todos aprendimos. Con todos gozamos da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario