23.11.13
Obradoiro "Cousas de Mulleres": A nosa homenaxe a Rosalía de Castro, polos 150 anos de "Cantares Galegos".
"Adiós ríos; adiós fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós vista dos meus ollos;
non sei cando nos veremos."
24 de novembro do 1861: primeira publicación do Poema "Adiós ríos; adiós fontes..."
17 de maio do 1863: Publicación de "Cantares Galegos"
19.11.13
Obradoiro "Cousas de Mulleres", sábado 16/11/13 en Asociación Fillos de Zas.
Dende as verbas da nosa Rosalía en "Follas Novas" foron surxíndonos lembranzas e moitos sentimentos: vida, dureza, ironía, equilibro, verdade, dor, brote, beleza, futuro. A poetisa deixounos temáticas humanas universais: a soedade e a morriña, a dúbida existenciail, a ignorancia se non se traspoñen fronteras, a sede coma necesidade de algo, coma o desexo...
Dor e beleza...e unha canción..."Negra sombra" coa que pechamos o encontro.
Graciñas a todas/os participantes!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)