15.2.15

Buscamos dúas sobranceiras.

Coma todos os anos, a colectividade galega volve salientar o traballo das súas mulleres na emigración. Ti as coñeces e sabes que levan unha vida de esforzo e de mérito: fálanos dalgunha delas, cóntanos a súa vida, comparte con nós a súa historia. Agardamos saber delas neste enderezo:

 (Bos Aires, 12 de febreiro)                                          – O colectivo de galegas na emigración Herbas de Prata conmemorará o Día Internacional da Muller e, como cada ano, repetirán a homenaxe a dúas mulleres sobranceiras e recoñecidas pola colectividade galega en Bos Aires. Eses dous nomes xurdirán da escolla de todos e todas os que queiran participar, a partir dun sistema de votación. Por iso, Herbas de Prata ven de abrir a postulación a todas as persoas que queiran suxerir candidatas ao seu enderezo electrónico herbasdeprata@gmail.com

 Herbas de Prata mantén a tradición de recoñecer cada ano a dúas mulleres como xeito de botar luz sobre esas galegas que na súa vida visible ou privada  colaboraron e garantiron a pervivenza da cultura galega na Arxentina. "Non queremos falar de premios porque nós buscamos só destacar e agradecer", explican. E engaden: "O que desexamos é que a coletividade pense, lembre, saliente a esas mulleres para darlles visibilidade".

Para iso, volverán a entregar a distinción Rosalía (que simbolizan cunha roseira para a homenaxeada) para agradecer a esas mulleres que levan unha vida de loita pública nalgunha causa nobre.
Por outra banda, tamén entregarán o recoñecemento bautizado Virxinia Pereira (representado por unha cameleira para a muller que o leve) para facer público o traballo anónimo desas galegas que co seu labor privado, contribuíron ao desenvolvemento das súas familias e souberon sementar neles o amor e o respecto pola súa orixe galega.

As homenaxeadas das pasadas edicións foron:
Ano
Distinción Rosalía
Distinción Virxinia
2007
Dionisia López Amado
María Rosa Iglesias
2008
Maruxa Boga
Isabel Varela    Lola Fernández
2009
Stella Maris Latorre
Eladina Figueroa Boga
2010
María Rosa Lojo Graciela Pereira
María del Carmen Araujo Baliñas                                                   Elvira Bermudez
2011

Débora Campos
Clotilde Iglesias   Maite Michelon
Nilda Pallares Gómez                                                                Carmen Miñones de Ameijeiras
2012
Andrea Cobas Carral
Carmen Román
2013
Antonia Luna
Irene Vázquez Sánchez
2014
Josefina García Noia
Beatriz Lagoa Veiga
   
Ao fin de garantir a calidade da elección das mulleres nominadas, os votos se computarán da seguinte maneira: 1- Herbas de Prata participará cun voto. 2- Cada unha das mulleres recoñecidas nas edicións anteriores terán dereito a dar un voto. 3- Un voto do resultado da enquisa aberta na páxina de Herbas de Prata (o blog).
Calquera pode achegar ata o martes día 24 de febreiro o nome de galegas na Arxentina para os dous homenaxes con só mandar un correo ao enderezo herbasdeprata@gmail.com cunha breve explicación dos motivos desa proposta. Eses nomes poderán ser votados públicamente no blog de Herbas de Prata http://www.herbasdeprata.blogspot.com/ dende o mércores 25 de febreiro ata o mércores 4 de marzo ás 18 horas.