28.2.12

     Estas galegas agardan polo noso voto.


     Estas galegas agardan polo noso voto.

     O COLECTIVO DE GALEGAS NA DIASPORA HERBAS DE PRATA CONVIDA A ESCOLLER
     MULLERES PARA DISTINGUILAS NO DIA DA MULLER 2012.

     (Bos Aires, 28 de fevreiro) – As suxestións chegadas pola xente ao enderezo
     electrónico do colectivo de galegas na emigración Herbas de Prata
     determinaron once mulleres entre as que se atopan os nomes que levarán
     este mes de marzo -por sexto ano consecutivo- a distinción Virxinia Pereira
     e a distinción Rosalía durante o acto polo Día Internacional da Muller que o
     colectivo vai realizar na Asociación Centro Betanzos o día xoves 8 de marzo ás
     19,00hs.


      Para quedar coa distinción Rosalía (que simbolizan cunha roseira para a
      homenaxeada) e que agradece a esas mulleres que levan unha vida de loita
      pública nalgunha causa nobre, foron postuladas: a señora HERMINIA DELFINA BLANCO
      quen fixo moitas representacions teatraes, alghunas da sua propia autoría e que é
      conductora do Programa radial "Camiñando pola España". CONSUELO CASTAÑO de orixe
      galega, represaliada pola dictadura e esposa de desaparecido, que ten loitado neste tema
      e é autora de publicacions sobre o mesmo. Tamén quedou na lista a Profesora
      ANDREA COBAS CORRAL co-coordinadora de "Lectores galegos", espazo de ensino e defensa
      da literatura e do idioma galego. E  MICAELA FERNANDEZ DARRIBA editora da revista virtual
      "Foerminas" e investigadora sobre estética, comunicación e xénero.


      Por outra banda, Herbas de Prata entregará o recoñecemento bautizado
      Virxinia Pereira (representado por unha cameleira pra a muller que o leve)
      pra facer público o traballo anónimo desas galegas que co seu labor
      privado, contribuíron ao desenvolvemento dos seus e souberon sementar neles
      o amor e o respeto pola súa orixe galega. Nesta categoría, as candidatas
     son: a señora BEATRIZ CARBALLO REGUEIRA, quen, silenciosamente é difusora da cultura
     galega dende o seu traballo na Asociación Fillos do Ayuntamento de Zas e unha das autoras
     do libro "Yo, emigrante". A señora MARIA JOSEFA GERPE PAZOS que é a presidenta da Asociación
     Santa Comba de Xallas, coordinadora das cantareiras desa institución e outra das autoras do
     libro "Yo, emigrante". A señora REGINA MAQUIEIRA emigrante da terra que organizou a defensa
     e as axudas naqueles tempos dificiles da guerra civil ainda coa sua saude debilitada pola intensa
     labor neses dias. Tamén a señora ELVIRA GONZALEZ FRAGA, galega,muller comprometida,      humanitaria, quen é a presidenta da Fundación Sábato e foi a sua derradeira compañeira. Tamén a señora MARIA DEL CARMEN GENDE, incansable na labor de difusion do idioma galego, quen vai polas escolas
     de Mar del Plata leendo contos tradicionais a os nenos e nenas dos xardins de infantes. A señora
     CARMEN ROMAN integrante, fai xa moitos anos, das Cantareiras "Ondiñas do Louro" da Asociacion
     Residentes de MOS. E a señora ISABEL VILELA LOURIÑO quen dende pequena participou  na
colectividade, é integrante do grupo de danzas da Asociacion Residentes de Mos.


    Os recoñecementos xurdirán da votación aberta e pública no blog de Herbas de
    Prata http://www.herbasdeprata.blogspot.com/ dende o luns 27 de febreiro e
    serán entregados durante o acto polo Día Internacional da Muller 2012 que se
    vai realizar na Asociación Centro Betanzos o xoves día 8 de marzo ás 19.00.



    Dende o anteano pasado e para garantir a calidade da elección, os votos que
    xurdan da páxina do colectivo Herbas de Prata representarán uhn punto pra a
    muller que acade a meirande parte das escollas, mentres cada unha das
    homenaxeadas na edición pasada poderán ofrecer un voto máis. Finalmente,
    un terceiro voto vai ser entregado pola Comisión Directiva de Herbas dePrata.
    


     
   

No hay comentarios: