1.4.11

Obradoiro "Cousas de Mulleres"


A Asociación Herbas de Prata comprácese en convidala-o ao seu próximo encontro dos obradoiros Cousas de Mulleres o sábado día 9 de abril ás 16,00hs. na Asociación Galega Centro Betanzos de Bos Aires.

Seguiremos traballando para abrir un espazo para a voz das mulleres, un sitio no que elas sexan escoitadas e teñan a liberdade de falar de todo canto viven, pensan e sinten.

O encontro será o sábado 9 de abril ás 16,00 na rúa Venezuela 1536, Bos Aires. Coma sempre, coordinado pola Lic. Patricia Alonso.

Confirmar presencia ao (5411) 4381-0424 ou por correo a herbasdeprata@gmail.com


Marzo 2011, Bos Aires, Arxentina

No hay comentarios: