Herbas de Prata busca a dúas galegas para agradecerlles o
seu traballo
Coma todos os anos, a colectividade galega volve
salientar o traballo das súas mulleres na emigración. Ti coñécelas e sabes que
levan unha vida de esforzo e de mérito: fálanos dalgunha delas, cóntanos a súa
vida, comparte con nós a súa historia. Agardamos saber delas neste enderezo: herbasdeprata@gmail.com
(Bos Aires, 17 de febreiro) – O colectivo de galegas na
emigración Herbas de Prata conmemorará o Día Internacional da
Muller e, como cada ano, repetirán a homenaxe a dúas mulleres sobranceiras e
recoñecidas pola colectividade galega en Bos Aires. Eses dous nomes xurdirán da
escolla de todas e todos os que queran participar, a partir dun sistema de
votación. Por iso, Herbas de Prata ven de abrir a postulación
a todas as persoas que queran participar suxerindo candidatas ao seu enderezo
electrónicoherbasdeprata@gmail.com
Herbas de Prata mantén a tradición de recoñecer
cada ano a dúas mulleres como xeito de botar luz sobre esas galegas que na súa
vida visible ou privada colaboraron e garantiron a pervivenza da cultura galega
na Arxentina. "Non queremos falar de premios porque nós buscamos
só destacar e agradecer", explican. E engaden: "O que
desexamos é que a coletividade pense, lembre, saliente a esas mulleres para
darlles visibilidade".
Para iso, volverán entregar a distinción Rosalía (que
simbolizan cunha roseira para a homenaxeada) para agradecer a esas mulleres que
levan unha vida de loita pública nalgunha causa nobre.
Por outra banda, tamén entregarán o recoñecemento bautizado Virxinia
Pereira (representado por unha cameleira para a muller que o leve)
para facer público o traballo anónimo desas galegas que co seu labor privado,
contribuíron ao desenvolvemento das súas familias e souberon sementar neles o
amor e o respecto pola súa orixe galega.
As homenaxeadas das pasadas edicións foron:
Ano
|
Distinción Rosalía
|
Distinción Virxinia
|
2007
|
Dionisia López Amado
|
María Rosa Iglesias
|
2008
|
Maruxa Boga
|
Isabel Varela e
Lola Fernández de Rial
|
2009
|
Stella Maris Latorre
|
Eladina Figueroa Boga
|
2010
|
María Rosa Lojo e
Graciela Pereira
|
María del Carmen Araujo Baliñas e
Elvira Bermudez
|
2011
|
Débora Campos e
Clotilde Iglesias e
Maite Michelón
|
Carmen Miñones e
Nilda Pallares
|
2012
|
Andrea Cobas
|
Carmen Román
|
2013
|
Antonia Luna
|
Irene Vázquez Sánchez
|
Dende hai dous anos, o sistema de votación foi mellorado
para garantir a súa honestidade. Deste xeito, participarán as integrantes da
Comisión Directiva de Herbas de Prata cun voto consensuado entre todas elas.
Ademáis, cada unha das mulleres recoñecidas nas edicións anteriores terán
dereito a dar un voto. E logo, a enquisa aberta na páxina de Herbas de Prata
Calquera pode achegar ata o xoves día 27 de febreiro o nome
de galegas na Arxentina para os dous homenaxes con só mandar un correo ao
enderezoherbasdeprata@gmail.com cunha
breve explicación dos motivos desa proposta. Eses nomes poderán ser votados
públicamente no blog de Herbas de Pratahttp://www.herbasdeprata.blogspot.com/ dende
o venres 28 de febreiro ata o venres 7 de marzo ás 18 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario