Coma todos os anos, a colectividade galega volve salientar o traballo das súas mulleres na emigración. Ti as coñeces e sabes que levan unha vida de esforzo e de mérito: fálanos dalgunha delas, cóntanos a súa vida, comparte con nós a súa historia. Agardamos saber delas neste enderezo:
(Bos Aires, 18 de febreiro) – O colectivo de galegas na emigración Herbas de Prata conmemorará o Día Internacional da Muller e, como cada ano, repetirán a homenaxe a dúas mulleres sobranceiras e recoñecidas pola colectividade galega en Bos Aires. Eses dous nomes xurdirán da escolla de todos e todas os que queran participar, a partir dun sistema de votacion. Por iso, Herbas de Prata ven de abrir a postulación a todas as persoas que queiran participar suxerindo candidatas ao seu enderezo electrónico herbasdeprata@gmail.com
Herbas de Prata manten a tradición de recoñecer cada ano a dúas mulleres como xeito de botar luz sobre esas galegas que na súa vida visible ou privada colaboraron e garantiron a pervivenza da cultura galega na Arxentina. "Non queremos falar de premios porque nós buscamos só destacar e agradecer", explican. E engaden: "O que desexamos é que a coletividade pense, lembre, saliente a esas mulleres para darlles visibilidade". |
Para iso, volverán entregar a distinción Rosalía (que simbolizan cunha roseira para a homenaxeada) para agradecer a esas mulleres que levan unha vida de loita pública nalgunha causa nobre.
Por outra banda, tamén entregarán o recoñecemento bautizado Virxinia Pereira (representado por unha cameleira para a muller que o leve) para facer público o traballo anónimo desas galegas que co seu labor privado, contribuíron ao desenvolvemento das súas familias e souberon sementar neles o amor e o respecto pola súa orixe galega.
As homenaxeadas das pasadas edicións foron:
Ano
Distinción Rosalía
Distinción Virxinia
2007
Dionisia López Amado
María Rosa Iglesias
2008
Maruxa Boga
Isabel Varela
Lola Fernández
2009
Stella Maris Latorre
Eladina Figueroa Boga
2010
María Rosa Lojo
Graciela Pereira
María del Carmen Araujo Baliñas
Elvira Bermudez
Dende o ano pasado , o sistema de votación foi mellorado para garantir a súa honestidade. Deste xeito, participarán as integrantes da Comisión Directiva de Herbas de Prata cun voto consensuado entre todas elas. Ademáis, cada unha das mulleres recoñecidas nas edicións anteriores terán dereito a dar un voto. E logo, a enquisa aberta na páxina de Herbas de Prata
Calquera pode achegar ata o domingo día 27 de febreiro o nome de galegas na Arxentina para os dous homenaxes con só mandar un correo ao enderezo herbasdeprata@gmail.com cunha breve explicación dos motivos desa proposta. Eses nomes poderán ser votados públicamente no blog de Herbas de Prata http://www.herbasdeprata.blogspot.com/ dende o luns 28 de febreiro ata o luns 7 de marzo ás 18 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario