3.6.13

1º Obradoiro "Cousas de Mulleres" 2013 - Sábado 01 de xuño, en Fillos de Zas.
















Dende as verbas de "Cantares Galegos", ata nós, os/as que somos hoxe: Rosalía ainda está vixente!!Dona as súas verbas pra nosas voces e sentires!Os adeuses, os amores, os medos, a noite, a soidade, a morriña...
Leímos, recitamos, falamos das nosas emocions, escribimos, fixemos unha escena teatral, pintamos... :
"Os adeuses"..."O medo dunha muller atravesando a noite"...mais..."Sempre hai outra porta...outra oportunidade"...
Graciñas a todas e todos os que participaron neste encontro e graciñas a María Rosa Iglesias, Lidia Blanco, Inés Martínez e Rosa Mastropietro pola súa colaboración especial!!

26.5.13

O 1º Obradoiro "COUSAS DE MULLERES" do 2013.


   A Asociación Herbas de Prata comprácese en convidalas/os ao obradoiro Cousas de Mulleres, o sábado día 01 de xuño dende as 15,30 hs. na Asociación Fillos de Zas. 


  Seguiremos traballando para abrir un espazo para a voz das mulleres, uhn sitio no que elas sexan escoitadas e teñan a liberdade de falar de todo canto viven, pensan e sinten. 

O encontro será o sábado 01 de xuño, as 15,30 hs,  en   Suárez 236, Bos Aires. 
Confirmar presencia ao (5411) 4381-0424 ou por correo a herbasdeprata@gmail.com
Nesta oportunidade dende as verbas de Rosalía de Castro nunha homenaxe a "Cantares Galegos" e a todas nós!
Estades invitadas/os!!  Agardámovos!

18.5.13

Feria do Libro 2013: entrega do Certificado a Claudia Piñeiro pola sua nominación na Mención "Rosalía".

Claudia Piñeiro,destacada escritora, filla de galegos. Unha das nominadas da Mención "Rosalía 2013".

22.3.13

8 de marzo do 2013: Acto polo "Día da Muller", no Centro Betanzos.


Unha homenaxe a "Rosalía de Castro" cuhn texto enviado especialmente polo Lic. Diego Pardo Amado.


Disertación da Dra. Mariela Sánchez en unha homenaxe a "Rosalía de Castro" polos 150 anos de "Cantares Galegos".


Mariela  Sánches, a ganadora da Mención "A noviña", que dende este ano chámase Mención "Clotilde".





Irene Vázquez Sánchez, a ganadora da mención "Virxinia".

Antonia Luna, a ganadora da Mención "Rosalía".















"Ata sempre, Cloti".









Este ano, coma sempre, unha homenaxe a todas as nominadas e especialmente a "Rosalía de Castro". O acto foi dedicado a Clotilde Iglesias, a nosa benquerida Cloti "Tacholas".

5.3.13

Nominadas 2013.

Por error, aparecen como del 2012 las de este año:

"NOMINADAS 2013" de la MENCIÓN "ROSALIA":

*Esther Goris
*Claudia Piñeiro
*Gloria Pampillo
*Antonia Luna

Al votar por Mención "Virxinia" aparece abajo, la Mención "Rosalía".
Se puede votar, por ambas menciones hasta el jueves 7. Gracias!


4.3.13

POR ERRO INVOLUNTARIO, A ENQUISA REFERIDA Á MENCIÓN ROSALÍA DE CASTRO DO ANO EN CURSO, APARECE COMO DO ANO 2012. SAIBAN DESCULPAR O NOSO ERRO E ELIXAN A SÚA FAVORITA::

ESTHER GORIS
CLAUDIA PIÑEIRO
GLORIA PAMPILLO
ANTONIA LUNA

¡MOITAS GRAZAS!