20.7.10

Obradoiro "Cousas de Mulleres", 03/07/2010 na asocición Hijos e ZAS.










Construimos a nosa imaxe a partir da opinión dos outros e das nosas propias experiencias...e construimos a imaxe doutras persoas dende estereotipos culturais e dende o noso propio mundo interior...todo iso afecta a subxectividade!...Enton,¿hai unha muller que sexa "a peor de todas"?:
quén?, eu?, ti?, ela?, aquela?...ou ¿é uhn mito que imos construindo?

8.7.10

DIA DAS LETRAS GALEGAS:Homenaxe a os nosos mestres/as - 29/05/2010 - na Asociación Residentes de Vigo. .





















No marco do Mes das Letras Galegas, vai unha sinxela homenaxe a quenes, dende o seu rol, non só ensinan e afondan o achegamento ao idioma galego, senon que axudan a sandar feridas.
Graciñas mestres/as: graciñas a todas e todos!

Obradoiro "Cousas de Mulleres", 08/05/2010 no Centro Betanzos.

No mes das "Letras Galegas", partimos duhns poemas pra xuntar as nosas vivencias individuais e colectivas. E falamos dos luares da muller, da dor pola inmigración, do amor...

28.4.10

Obradoiro "Cousas de Mulleres" 26/3/2010 - Centro Galicia de Bs. As.







Coordinación: Lic.Patricia Alonso
Co-coordinación: María Rosa Iglesias
A partir de la encuesta realizada por María Rosa sobre cómo las gallegas veían a las argentinas y cómo las argentinas veían a las emigrantes gallegas, desde nuestro propio imaginario abordamos la problemática "diversidad-discriminación".

Ganadoras 2010.

Mención "Rosalía de Castro": María Rosa Lojo y Graciela Pereira.
Mención "Virxinia Pereira": María del Carmen Araujo Baliñas y Elvira Bermúdez.
Mención "As noviñas": María Luján Martínez Turnes.
FELICITACIONES A TODAS !!!!!!

"Día de la Mujer" - 8/3/2010 - Centro Galicia de Bs.As.

















Foi uhn encontro moi emotivo. Graciñas a todas e todos!

3.3.10

NOMINADAS 2010.

Mención "Virxinia Pereira": Sras. Elvira Bermúdez, María del Carmen Araujo, Carmen Lorenzo Lorenzo y Adelaida Rodríguez Watson.

Mención "Rosalía de Castro": Sras. María Rosa Lojo, Graciela Pereira y María Miramontes Mato.

A votar!!!: soamente quedan 3 días!!!

NOMINADAS 2010:

24.2.10

HERBAS DE PRATA BUSCA DÚAS GALEGAS SOBRANCEIRAS PARA O DÍA DA MULLER

(Bos Aires, 11 de febreiro) – O colectivo de galegas na emigración Herbas de Prata conmemorará o Día Internacional da Muller e, como cada ano, repetirán a homenaxe a dúas mulleres sobranceiras e recoñecidas pola colectividade galega en Bos Aires. Eses dous nomes xurdirán da escolla de todos e todas os que queran participar, a partir dun sistema de votación renovado. Por iso, Herbas de Prata ven de abrir a postulación a todas as persoas que queiran participar suxerindo candidatas ao seu enderezo electrónico herbasdeprata@gmail.com

Herbas de Prata manten a tradición de recoñecer cada ano a dúas mulleres como xeito de botar luz sobre esas galegas que na súa vida visible ou privada colaboraron e garantiron a pervivenza da cultura galega na Arxentina. "Non queremos falar de premios porque nós buscamos só destacar e agradecer", explican. E engaden: "O que desexamos é que a coletividade pense, lembre, saliente a esas mulleres para darlles visibilidade".

Para iso, volverán entregar a distinción Rosalía (que simbolizan cunha roseira para a homenaxeada) para agradecer a esas mulleres que levan unha vida de loita pública nalgunha causa nobre. O ano 2007 esa roseira quedou nas mans da nai da Praza de Maio Dionisia López Amado á que todos alcumaban "la gallega de la zona norte", no ano 2008 foi para a lendaria actriz e xornalista Maruxa Boga e no ano 2009 a escritora Stella Maris Latorre.

Por outra banda, tamén entregarán o recoñecemento bautizado Virxinia Pereira (representado por unha cameleira para a muller que o leve) para facer público o traballo anónimo desas galegas que co seu labor privado, contribuíron ao desenvolvemento das súas familias e souberon sementar neles o amor e o respecto pola súa orixe galega. O ano 2007 foi para María Rosa Iglesias, una compostelá chegada a Bos Aires con 5 anos, no ano 2008 quedou por primeira vez en dúas mulleres moi admiradas e queridas na colectividade: Isabel Varela, pola súa loita e traballo xeneroso na Federación de Sociedades Galegas e na Sociedade Fillos do Concello de Boiro na Arxentina, e Lola Rial de Fernández, polo seu exemplo de vida e traballo amoroso para os integrantes dunha das asociacións mais activas da colectividade galega en Buenos Aires, a Fundación Xeito Novo e o ano pasado para Eladina Figueroa, amiga e valedora da nosa querida Maruxa Boga.

Este ano, o sistema de votación foi mellorado para garantir a súa honestidade. Deste xeito, participarán as integrantes da Comisión Directiva de Herbas de Prata cun voto consensuado entre todas elas. Ademáis, cada unha das mulleres recoñecidas nas edicións anteriores terán dereito a dar un voto. E logo, a enquisa aberta na páxina de Herbas de Prata (www.herbasdeprata.blogspot.com) engadirá un voto máis a quen acade alí a meirande parte dos apoios.

Calquera pode achegar ata o sabado día 20 de febreiro o nome de galegas na Arxentina para os dous homenaxes con só mandar un correo ao enderezo herbasdeprata@gmail.com cunha breve explicación dos motivos desa proposta. Eses nomes poderán ser votados públicamente no blog de Herbas de Prata http://www.herbasdeprata.blogspot.com/ dende o domingo 21 de febreiro ata o domingo 7 de marzo ás 18 horas.

A asociación civil Herbas de Prata xurdiu no ano 2007 en Bos Aires coa intención de achegarse ás galegas da diáspora para pensar e traballar por e para elas. O colectivo está integrado por persoas de todas as idades e de todas as profesións que, de xeito transversal ás institucións e asociacións da colectividade galega na Arxentina e tamén fora dela, buscan abrir posibilidades de debate e proxectos colectivos enfocados nas galegas.

Máis información: herbasdeprata@gmail.com